A mera no san Xoán leva o viño e mailo pan |
A moita seca trae ás veces a moita mollada |
A neve de xaneiro fai o pan no eido |
A neve febreiriña cómea a galiña |
A noada de san Juan quita el viño i non dá pan |
A playa de Panxón a roncar, bo tempo vay a entrar |
A santa Catalina trae a neve na cestiña e o santo Millán trae a neve no pan |
A tronada de abril enche o carro e o carril, e a de maio enche o carril e mailo carro |
Abellas revoltas, tempestades ás voltas |
Abril abrilado: mala cousa se non vén mollado |
Abril aghuas mil, cantas máis puderan vir |
Abril chuviñoso, maio louro e sanxoán claro, valen máis cós bois e o carro |
Abril chuviñoso |
Abril chuvioso |
Abril e maio son as chaves do ano |
Abril frío, fornos quentes |
Abril mete o porco no cubil |
Abril, se por mal quere vir, inda as portas non deixa abrir |
Abril, si por mal quer vir, as portas non deixa abrir |
Aghua de aghosto e polvo de abril, botan ó home a pedir |