Brétema na xiada, auga pola tarde |
Brúa Alba, tempo en calma |
Brúa Gandarío, panos ó río |
Cand'a neve chega ó Miño, na montaña non se ve o camiño |
Cando a abaladoira sona, ou chove ou trona |
Cando a Candelaria chora[,] metá do inverno vai fora |
Cando a Candeloria chora vai o inverno fóra; que chore que cante, inda hai inverno atrás e diante |
Cando a choia canta[,] auga sinte |
Cando a Curota ten capela, adiviña vendaval |
Cando a Curotiña ten o sombreiro, señal de chuvia |
Cando a gaivota vai pra a terra, xa non neva; cando vai pra o mar, vai nevar |
Cando a montaña pon o sombreiro, prepárate pró inverno, e si pon capote, chove de cote |
Cando a niebla pousa no Faro, desfaise en tronada |
Cando a nube está en cardas de la, se non chove hoxe chove mañá |
Cando a perdiz canta e a nube encobre, non hai mellor señal pra cando chove |
Cando a perdiz canta, nublado vén |
Cando a pita canta, señal de bon tempo |
Cando ablanda a area da plaia, sinal de mal tempo |
Cando as candorcas saltan, o bon tempo espanta |
Cando as pedras do Xalo choran, ventan auga |