|
"Frebeiro frebeirudo, / chántame las narices / en el ojo del culo." / "Cállate, pastor azamarrado, / que con veintiocho días que eu teño / y a tres que me ha prestarme o mi hermano marzo / un [sic] ha de quedar ovella con pelella / nin can con rabo / nin pastoriño azamarrado" |
|
-«Vaite marzo que me deixache os becerriños todos catro». -«Deixa vir o meu primo abril[,] que che ha de facer caxir» |
|
A auga de abril enche o carro e o carril |
|
A auga de abril, enche o carro e o carril, e a de maio enche o carril e o carro |
|
A auga de Seitura cura |
|
A augha en san Juan mata o viño e non dá pan |
|
A castaña en agosto quer arder e en setembro beber |
|
A chover, a chover, millor na malla que na vendimia |
|
A chuvia d'orballeira é herbeira |
|
A chuvia en agosto trai millo a rostro |
|
A chuvia en san Xoán tosta o viño e non dá pan |
|
A chuvia en Santiagho trae o millo ó aghro |
|
A curuxa de madrugada, vento ou xeada |
|
A curuxa no ameixón, mortandá ou tempo bon |
|
A invernada de abril mata á porca no cubil |
|
A lúa como quinta, así pinta |
|
A lúa como quinta, trinta |
|
A lúa que quixo entrar xeando, medrou mollando |
|
A luna de otubre [sic], sete cubre |
|
A luna de setiembre ou seca os ríos ou lévase as pontes |