Circo na lúa, auga segura |
Co aire do poñente solta os bois e vente |
Colleita mollada é media anada |
Collerás viño mosto, si vendimas enxoito |
Corrente ao Este, sinal de mal tempo |
Curuxa noiteira, malladores á eira |
De Nadal a Xullián, lar, viño e pan; de Xullián adiante, frío e fame |
De ponente, nin aire nin xente |
Dende o quince ao vintedous as neves boas son |
Dende Santos a Nadal é inverno natural |
Desde a Virxe a san Miguel nunca debera chover |
Desde o vinte en adiante o inverno xa é constante |
Desque o mes media, ó que ven asomella |
Día da Candeloria, inverno fora. Se chove ou venta, aínda entra |
Día de néboa bo día espera, se non chove ou neva |
Día de neve, día alegre |
Día de neve, víspera de sol |
Día de san Bernabeu, está o sol no máis alto do ceu |
Día de San Nicolao, estache a neve de pao en pao, e si non, no chao |
Día de Santa Lucía, chuiva unha vez no día |