|
En xaneiro vive o home a carón do caldeiro |
|
En xaneiro vrao, nin palla nin grao |
|
En xaneiro xea moito; en chegando marzo, calma un pouco |
|
En xaneiro, un pouco ao sol, outro pouco ao fumeiro |
|
En xulio arder e patacas coller |
|
Entre Marzo e Abril sal o cuco do cubil[,] que co a neve non quer vir |
|
Entre san Xoán e Santiago Deus nos libre dun nubrado |
|
Entre Santos e Nadal é o inverno candeal |
|
Entroido, á raxeira; Pascua, á lareira |
|
Enxoito xaneiro, chea no graneiro |
|
Estrelas a brillar, nordés fresco a soprar |
|
Febreiriño curto, cos teus días vinteoito; se dura máis catro, non queda can nin gato, nin ratiño no burato, nin ovella rabela, nin pastor para ir con ela, nin cornos no carneiro, nin orellas ó pegureiro |
|
Febreiriño quente, tráeche o demo no ventre |
|
Febreiro camiseiro, nin boa meda nin bon palleiro |
|
Febreiro, febroso, marzo, ventoso |
|
Febreiro, xeada na leira e cachopo na lareira |
|
Fume baixo, señal de auga |
|
Gaivotas no porto, tempo revolto |
|
Garda o teu saio para maio |
|
Hastra San Martiño pan e viño; de San Martiño en diante, frío e fame |