Neve que cae na lama por auga chama |
Nevoeiro nos montes, auga nas fontes |
No abril di o cuco: "vivo"; e no maio: "revivo" |
No Abril[,] cada pinga val por mil |
No ano que moito chove o labrego traballa máis que come |
No día de san Xoán baila o sol pola mañán |
No marzo abrigo, na eira pantrigo |
No mes de febreiro co cu no mesote e cos pés no braseiro |
No mes de nadal, acarón da lareira váite a sentar |
No mes de San Xoán, vaite bañar |
No Nadal inverno a fartar |
No tempo de marzo á mañá enxoito e á tarde mollado |
No tempo do cuco á mañá me mollo e á tarde me enxugo |
Noite moura, vendaval seguro |
Non hai medo a frio nen a tronada, senón a chuvia porfiada |
Nordés polo serán, vento sul pola mañán |
Nordés quente, brétema no abrente |
Nordeste con gotas non dura o que dúas motas |
Noroeste á noite, vento sur pola mañán |
Nube escarpetada, ós tres días auga |