O sol de agosto e de xaneiro, hai que tomalo con sombreiro |
O sol na eira e a chuvia na nabeira |
O sol que madruga pode traer chuvia |
O vento antes da chuvia, deixa ir que non hai duda |
Onde o sol non dá, anda o cirurxián |
Onde venta o mar e chove arreo por san Uxío, fóra do camiño balocas gardar, carballo ó fogar e todos ó lar |
Onde vires neboeiro por xaneiro, fai alí o teu fillo herdeiro |
Os arroaces brincan no mar, forte norte vai a dar |
Os campos han de estar brancos polo mes de santos |
Os nabos e os peixes no tempo da xeada crecen |
Os rocíos abundosos son augurios primorosos |
Os rocíos de agosto son mel e mosto |
Outono enxoito, Nadal vento moito ou pouco |
Outono quente trae o demo no ventre |
Para o pan engraiar ha de o boi tremar / o boi ha tremar |
Pedra no suco, néboa en todo o mundo |
Pode xunio tormentoso ser a moitos desastroso |
Poden deixar recordos espantosos outonos que comenzan tormentosos |
Poeira en abril, lama en agosto |
Pola Candelaria casan os paxariños e vaise a galiñola |