Cando a presa do outeiro roxe de lexos, tempo bo |
Cando a rula comeza a rular, colle o fol e vai sementar |
Cando a serra se envolve na capa, non deixe-la túa casa |
Cando a serra se pon de touca, temos auga, moita ou pouca |
Cando abril recacha, inda a vella queima a racha |
Cando as estrelas non latexan, logo as nubes gotexan |
Cando as gaivotas bailan a muiñeira, hai que gardar o millo na eira |
Cando as rans cantan no xaneiro, siñal de lama no rueiro |
Cando canta a bubela, amaña todo para a sega |
Cando canta a ran, ven vindo o vran |
Cando canta o cuco, tan pronto mollado como enxoitado |
Cando chove e fai sol, alegre está o pastor |
Cando chove e fai sol, é tempo de requeixón |
Cando chove o domingo antes da misa, toda a semana vai de risa |
Cando chove por agosto, chove mel e mosto |
Cando chove por febreiro, todo o ano é tempereiro / temporeiro |
Cando chove por Santa Lucía, non hai sardiña |
Cando con vento soán chove, tódalas pedras move |
Cando corren as témporas solanas, mal tempo |
Cando Deus dá a anada[,] non a tolle chuvia nin xeada |