|
Auga en outono non lle convén ó xornaleiro nin ó seu dono |
|
Auga mañanceira non é duradeira |
|
Auga miúda, vendaval que dura |
|
Auga n'agosto, moita abella e moito mosto |
|
Auga noitega, curuxa tardega |
|
Auga por san Urbán tira o viño e non dá pan |
|
Báñanse os gorriós, auga a montós |
|
Bo ano, Nadal soleado |
|
Bó outono, ledicia do dono |
|
Bon xaneiro, mal febreiro |
|
Brétema húmida adoita traer chuvia |
|
Brétema no monte, mellor que pola mañá é pola noite |
|
Brétemas no alto, chuvias no baixo |
|
Cada pingota de auga na sega vale un sapiño na terra |
|
Calma que se prolonga moitos días, tormentas moi bravías |
|
Cando a Candelaria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, metade do inverno está por pasar |
|
Cando a carballeira canta, sabe ben a manta |
|
Cando a carballeira zoa, metá do inverno xa vai fora |
|
Cando a carballeira zoa, sabe ben a boroa |
|
Cando a craba esbirra, o tempo muda |