|
Mayo, pardo; San Joan, claro |
|
Mes de xaneiro é mes xieiro |
|
Mondigo acapelado, nordeste ó rabo |
|
Montelouro con touca, chuvia moita ou pouca |
|
Na semana de Ramos lava os teus panos, ca na de Pasión ou poderás ou non |
|
Na semana dos Ramos llavarás os panos; pois na de Pasión ou los llavarás, ou non |
|
Nadal nadar e xaneiro xiar |
|
Natal, inverno caroal |
|
Navidá e xaneiro, inverno inteiro |
|
Néboa en Padrón, sinal de cerrazón |
|
Néboa en setembre trae o sur no ventre |
|
Néboa na boca da ría, norte forte noutro día |
|
Néboa na serra, chuvia na terra |
|
Néboa no Farelo, millor á noite que á mañán cedo |
|
Néboa no Miño, auga vén de camiño |
|
Néboas rubias á ribeira, vellas á pateira |
|
Néboas rubias e sol posto, tempo composto/descomposto |
|
Nebra n'a Grova, Noroeste afora |
|
Neva menudo, dálle cebada ó burro |
|
Neve breganciña, mala veciña |