|
Marzo airoso, abril chuvioso, maio pardo e san Juan claro valen máis que as mulas e o carro |
|
Marzo airoso |
|
Marzo escarabanoso, abril chuviñoso |
|
Marzo ighuarzo, á mañán cara de can, á mediodía cara de raíña e á noite corta como unha fouciña |
|
Marzo louco, si malo é un día, pior o outro |
|
Marzo marceador: de noite chove e de día fai sol |
|
Marzo marceiro, pola mañán cariña de rosa e pola noite cara de can |
|
Marzo marcián, cara [de] can |
|
Marzo marcián, pola mañá cariña de rosa e pola tarde cara de can |
|
Marzo margazán, cara de can |
|
Marzo marsal, pola mañán cara de can e polas dose Xan barrighán |
|
Marzo marzadas, vento, frío, sol e saraibadas |
|
Marzo marzagán, cara de can, que pola mañá morre a ovella i por la tarde enxama a abella |
|
Marzo marzal, a mañá cara de can, a mediodía enxamea a colmea i á noite morre a ovella |
|
Marzo marzal, pola mañá cara de can; ás doce millor o faría e pola tarde como si fora vrao |
|
Marzo marzal, pola mañá cara de rosa e pola noite de can |
|
Marzo marzal, pola mañá cara de rosa e pola tarde de can |
|
Marzo marzán, á mañá cara de can, á mediodía cara de forno e á noite cara de lobo |
|
Marzo marzán, á mañá cara de can, a mediodía ronca a vella i á noite morre a ovella |
|
Marzo marzán, cara de can, farrapo de neve e espiga de pan |