|
Cando febreiro non febreirea, marzo marcea |
|
Cando marzo recacha o rabo, sabe ben quentarse co tallo |
|
Cando monte Louro se pon a monteira, tomalle todos os rizos a's velas |
|
Cando na luna de marzo hai tronada, todo o ano quere campana |
|
Cando na pota queda lume, ó outro día chove |
|
Cando Nadal nada, señal de boa anada se a encontra sementada |
|
Cando Nadal nada, señal de mala anada |
|
Cando nas témporas de Navidá queda o aire de abaixo, ano húmedo |
|
Cando neva atrás do mollo, neva hastr'o xonllo |
|
Cando non fai vento[,] non fai mal tempo |
|
Cando o aire zoa, sabe ben a broa |
|
Cando o ceo está color de lan, ou chove hoxe ou mañán |
|
Cando o ceo está de panza de burro, chove duro |
|
Cando o cuco marcha, colle a manta |
|
Cando o Farelo pon a monteira, chove anque o ceo non queira |
|
Cando o Farelo pon o capelo, meniñas da Ulla, poñede o mantelo |
|
Cando o Farelo ten sombreiro, os labradores qu'anden con xeito |
|
Cando o gato quenta o traseiro, escusas regar o lameiro |
|
Cando o gato se lava ou as galiñas se espolexan, vén o inverno |
|
Cando o grilo canta, tira ca manta |