Valen máis as augas de abril có carro do rei David |
Ven aí o verao do san Martiño, que dura mientras o can avanta o porteliño |
Veña o ano conforme for, no setiembre veña a calor |
Veñan augas mil e non falten as de abril |
Veñen cordeiros, vén a neve; veña o demo que os leve |
Vente febreiriño corto cos teus vinteoito, que se tes máis catro, non para can nin ghato |
Vento antes de chuvia, déixate ir que non hai dúbida; chuvia antes de vento, métete dentro |
Vento bragués, chuvia todo o mes |
Vento das Pontes, auga nas fontes |
Vento de arriba, nin troita nin anguila |
Vento de san Matías[,] rexe un mes e días |
Vento do norte e agua da ría, carallada para todo o día |
Vento do sudés, botas de auga nos pés |
Vento galego[,] nin abelleiro nin coelleiro |
Vento mareiro, merda pró troiteiro |
Vento padronés, nunca bo o verés |
Vento que se deita ó anoitecer, érguese ó amañecer |
Vento que se queda a cear, tamén quere almorzar |
Vento soán, malo no inverno e peor no verán |
Vento solán, auga na man; menos pra ben que pra mal |