Auga de agosto e polvo de abril, fan tocalas huchas coma un tamboril |
Auga de abril e xeada de maio, herba para todo o ano |
Auga á matina; á tarde tormentina |
Auga á mañanciña, tormenta á tardiña |
Auga á entrada da lúa, ou moita ou ningunha |
Astra san Xoán non quíte-lo gaban |
As mañanciñas doces de Navidá, abril e maio chas fará pagar |
As catro escarchas de xaneiro, as catro nevadas de febreiro e as doces augas de abril, valen máis que o coche do Santo Rei David |
As augas de febreiro matan o onzaneiro |
Arreboles ao sol posto, meu caperuciño andará enxoito |
Arco da vella, auga na terra |
Arco da vella ó raiante ¡ei, boi! ¡ei, para adiante! |
Arco da vella ó poñente, ¡mariñeiro alerta (en pé)! |
Arco da vella ó poñente, solta os bois e vente |
Arco da vella ó mediodía, chuvia para todo o día |
Arco da vella ó anoitecer, bo tempo ó amencer |
Ao cuco san Xoán dálle a fala e san Pedro sácalla |
Ano seco tras mollado, garda a lan e vende ao fiado |
Ano que hastra o nove vén xiando, bon e moito pan vén anunciando |
Ano de xiada, ano de parvas |