Dixo o tolo: se queres auga[,] pídella ó aire frío de abaixo |
Díxolle o pastor a marzo: «Marzo marcelo[,] ya non che teño medo». Díxolle marzo ó pastor: «Con dous días que me faltan i outros dous que me preste o meu hermano abril aún che hen facer cagar e xemir» |
Do lodo de agosto e do polvo de abril, Dios nos libre dil |
Do norte chove, as pedras move |
Dura máis a mala veciña que a neve marcelina |
E xa veredes como, onde non xiou no primeiro mes, pode, contra os ditos, chover tres |
Eí vén xaneiro co seu xiadeiro |
El aire de rriba, trae'l vaso na mao |
El pastor díxole a febreiro cuando le faltaban cuatro días: febreiro, febreirudo, chántame narices nel culo. Y febreiro contestou: cálate, meu pastor, que catro que me faltan e tres que me vai prestar meu hirmau, marzo, vas andar cas chocas o hombro e as pelexas arrastro |
El rubieis para Burón, sol a trompón; el rubieis para el Porto, auga no horto |
En abril a vella queima o carril |
En abril abre as portas e déixame ir |
En abril augas mil e que todas quepan nun candil |
En abril augas mil; todas xuntas non apagan un candil |
En abril augas mil |
En abril aughas mil e ronca o porco no cubil |
En abril aughas mil, fai o que teñan que facer e vólvete ó cubil |
En abril cantas augas poidan vir, pero que non salgan do seu carril |
En abril chuvias mil |
En abril cuiros mil |