Roxo para Oseira, vellas á raxeira; roxo para Monforte, vellas tras do pote |
Roxo ó ponente, ou chove ou mente |
Roibos de Villalba, ou vento ou auga; roibos do mar, bon tempo |
Roibeza ó mar, mariñeiros a pescar; roibeza á terra, mariñeiro á merda |
Roibéns ó sol nado: pegureiro, andarás mollado |
Roibéns ó monte, bois á corte; roibéns ó mar, vellas a raxar; roibéns á ribeira, vellas á pateira |
Roibéns ó mar, vellas ó sollar |
Roibéns de sol posto, é sinal de tempo enxoito |
Roibéns de sol levantado, tempo mollado |
Roibéns ao mar, vellas a solar; roibéns ao monte, vellas á fonte; roibás ao Miño, vellas ao niño |
Ramos mollados, Pascuas enxoitas: ano de viño, de pan e de froita |
Ramos mollado, carro crebado; Ramos enxoito, nin moito nin pouco |
Que a Candeloria chore, que deixe de chorar, metá do inverno está por pasar |
Primeiro de agosto chuvioso, castaño vermoso |
Por Santos, neve nos cantos |
Por Santos, aínda hai campos verdes e xa hai montes brancos |
Por Santos neve nos campos |
Por Santos neve nos altos |
Por san Xudas xa o outono fixo das súas. E, se non inda as fixera, a novembro non chega |
Por san Vicente andan as augas na súa corrente, quer xiada, quer quente |