Roibéns ó monte, bois á corte; roibéns ó mar, vellas a raxar; roibéns á ribeira, vellas á pateira |
gallego |
Serán ó monte, bois á corte; serán ó mar, bois a labrar |
gallego |
Cando rumba o mar, colle os bois e vai arar, e cando rumba a burela, a brosa e fai estelas |
gallego |
Se chove antes do san Bartolomeo, o maínzo é teu; se chove despois, é dos bois |
gallego |
Cando encarnado está o monte, mete o boi na corte |
gallego |
Cando brúa a barra de Ortigueira, bois á leira |
gallego |
Ponse ruibio hacia Chantada, colle os bois e vai á arada |
gallego |
Abril chuviñoso, maio louro e sanxoán claro, valen máis cós bois e o carro |
gallego |
Xaneiro xiadeiro, febreiro quere corre-lo vougueiro, marzo espigarzo, en abril espigas mil, maio pardo, san Juan claro valen máis có boi i o carro |
gallego |
Marzo ventoso, abril chuvioso, maio louro, san Juan claro valen máis que o boi e o carro |
gallego |
Maio louro e san Xoán/Joán claro vale máis cós bois i o carro |
gallego |
San Joán claro ara máis có boi ó carro |
gallego |
En maio inda a vella queima o tallo e o boi bebe no prado |
gallego |
Maio pardo e san Juan claro valen máis có boi e o carro |
gallego |
En maio bebe o boi na arada |
gallego |
Arco da vella pó poniente, recolle os bois e vente; arco da vella pó raiante, afálalle ós bois pa diante |
gallego |
Se o arco da vella está para o poñente, ceiba os bois e vente; se está para o raiante, fala os bois para diante |
gallego |
Está encarnado ó mar, colle os bois e vai labrar; está encarnado a Carnota, mete a leña e cerra a porta |
gallego |
Ó saliente pon os bois e vente |
gallego |
«Vaite frebeiriño, vaite, cos teus días vinteoito, que se tuveras máis catro non quedaba can nin ghato». Frebreiro contesta: «Pois deixa que atrás vén meu irmao que che vai poñer as peras a carto cos teus boiciños da oito bichos [sic] de volver a catro» |
gallego |