marzo
Categoría: 

Fichas de refranes

Mostrando 621 - 640 de 971 (página 32 de 49)
Texto Lengua o variedadorden descendente
Cando Marzo mayea, Mayo marzea gallego
Si marzo maiea e maio marcea[,] ¡pobres dos pobres que viven na aldea! gallego
Entre Marzo e Abril sal o cuco do cubil[,] que co a neve non quer vir gallego
[Dijo una vieja:] Vaite Febreiriño corto, c'os teus días vintaoito, que se tiveras mais catro non quedaba can nin gato. [Febrero le contestó enojado:] Os teus becerriños oito, deixa que o meu irmán Marzo hache de os volver en catro gallego
En Marzo nin rabo de gato mollado gallego
Marzo margazán, cara de can gallego
No marzo abrigo, na eira pantrigo gallego
Marzo venteiro e abril chuvisqueiro, enchen en maio de flores os eidos gallego
Cando trona en marzo, aparella as cubas e o mazo gallego
Cantas néboas en marzo, tantas xeadas en maio gallego
Neve en abril, cobras en marzo gallego
Dixo o pastor a marzo: Mal trataches o meu gando; alá irás onde non volvas máis. E marzo respondeulle: Con tres días que me quedan e tres que me empreste meu irmán abril poreiche as túas ovellas a parir gallego
Cando marzo recacha o rabo, sabe ben quentarse co tallo gallego
Marzo marceador: de noite chove e de día fai sol gallego
Marzo marzadas, vento, frío, sol e saraibadas gallego
Marzo marzolas: treboadas e raiolas gallego
Marzo marzoso: pola mañán cara de porco, polo serán cara de verán gallego
No tempo de marzo á mañá enxoito e á tarde mollado gallego
Vento de marzo e chuvia de abril cargan o carro e o carril gallego
Xiada de xaneiro, neve de febreiro, trebón de marzal, chuvia de abril e ventisca de maio, ano cabal che traio gallego

Páginas