Garda o teu saio para maio |
gallego |
En abril pon o capelo[,] ruín |
gallego |
Ata o corenta de maio, non te quites o saio |
gallego |
Astra san Xoán non quíte-lo gaban |
gallego |
Cando o Pico Sagro pon capelo, meniñas da vila, poñede o mantelo |
gallego |
Cando a serra se envolve na capa, non deixe-la túa casa |
gallego |
Cando a carballeira canta, sabe ben a manta |
gallego |
Ó que non leva capa por Navidá, non hai que preguntarlle como lle vai |
gallego |
Cando o Pico Sacro cobre o capelo, mociñas da Ulla[,] poñede o mantelo |
gallego |
O sol de agosto e de xaneiro, hai que tomalo con sombreiro |
gallego |
En febreiro, sete mantas e un sombreiro |
gallego |
En marzo, abrigo, noces e pan trigo |
gallego |
En abril, por mor do frío, non quites nin un fío |
gallego |
Hastra o corenta de maio non te quites o saio[,] e, si eres de Lugo, hastra o trinta de xunio |
gallego |
En octubre non molesta o lume |
gallego |
Arco da vella á mañanciña, prepara a capotiña |
gallego |
Cando o grilo canta, tira ca manta |
gallego |
Onde venta o mar e chove arreo por san Uxío, fóra do camiño balocas gardar, carballo ó fogar e todos ó lar |
gallego |
Si corren as nubes pra Montán, colle o mallo e malla o pan e, si corren pra Bustelo, colle a capa i-o capelo |
gallego |
Está rubio pra Monforte, colle a capa e o capote |
gallego |