|
Xaneiro xiadeiro; febreiro carniceiro/verceiro; marzo iguarzo, igual a noute có día e o pan có chaguarzo; abriles ie caballeros poucos son buenos |
Galician |
|
Xaneiro, inverno enteiro |
Galician |
|
Si marzo requicha o rabo, non queda ovella viva nin pastor azamarrado |
Galician |
|
Non hubera marzo malo se non fora o aire asturiano |
Galician |
|
Marzo escarabanoso, abril chuviñoso |
Galician |
|
Entre marzo i abril cuco morto ou non quer vir |
Galician |
|
Vaia frebeiro cos seus vinteoito, se tuvera máis catro non deixaba can nin ghato nin corghas ó carneiro nin orellas ó preghoneiro |
Galician |
|
Vaite febreiriño corto, cos teus días vinteoito, si tuveras namás catro, non deixarías can nin gato, nin orellas ó pegoreiro |
Galician |
|
Vente febreiriño corto cos teus vinteoito, que se tes máis catro, non para can nin ghato |
Galician |
|
¿Nordés asoprando...? pra terra virando |
Galician |
|
Febreiriño corto cos seus días vinteoito, se duraras outros catro non deixabas can nin gato, nin galiña no poleiro nin chourizo no fumeiro |
Galician |
|
Febreiriño corto cos seus vinteoito, si durara máis catro non queda can nin gato, nin orella ó peghoreiro nin can tras do palleiro |
Galician |
|
Febreiriño corto cos teus vinteoito, se duraras máis catro, non quedaba can nin gato, nin orellas ó pigoreiro nin cornas ó carneiro |
Galician |
|
Marzo marzán, cara de can |
Galician |
|
Cando hai vento, hai mal tempo |
Galician |
|
Entre Santos e Natal sen inverno caraval; entre Natal e xaneiro é o inverno verdadeiro |
Galician |
|
Cuando marzo maea o maio marcea |
Galician |
|
Marzo marzal, a mañá cara de can, a mediodía enxamea a colmea i á noite morre a ovella |
Galician |
|
Cando as gaivotas bailan a muiñeira, hai que gardar o millo na eira |
Galician |
|
As mañanciñas doces de Navidá, abril e maio chas fará pagar |
Galician |