Cando chove no san Xoán[,] tolle o viño e non dá pan |
Cando chove e vai sol, anda o demo por Ferrol |
Cando chove e sale o sol andan as bruxas en Ferrol |
Cando chove e quenta o sol[,] vén o demo por Ferrol, cun saquiño de alfileres para lle picar no cu ás mulleres |
Cando chove e quenta o sol[,] anda o demo cun bastón, cunha caixa de alfileres pinchándolle[s] o cu ás mulleres |
Cando chove e quenta o sol está o demo metido no fol |
Cando chove e hai lúa, o trasno anda pola Cruña |
Cando choran as pedras do Xallo, temos orballo / ventan orballo |
Cando choran as pedras de Xalo, ventan orballo |
Cando brúa a barra de Ortigueira, bois á leira |
Cando Barbanza ten touca, ou moita chuvia ou pouca |
Cando as vacas baixan prá praia, temporal |
Cando as pedras do Xalo choran, ventan auga |
Cando as candorcas saltan, o bon tempo espanta |
Cando ablanda a area da plaia, sinal de mal tempo |
Cando a pita canta, señal de bon tempo |
Cando a perdiz canta, nublado vén |
Cando a perdiz canta e a nube encobre, non hai mellor señal pra cando chove |
Cando a nube está en cardas de la, se non chove hoxe chove mañá |
Cando a niebla pousa no Faro, desfaise en tronada |