Cando ronca moito o mar, é probable o temporal |
Cando os corvos berran, chuvia segura |
Cando o vento é de Carnota, mete leña e cerra a porta |
Cando o tempo está de Ferrol, auga sen sol |
Cando o tempo anda ó revés, hastra chove do nordés |
Cando o Pico Sagro pon capelo, meniñas da vila, poñede o mantelo |
Cando o Pico Sacro pon touca, auga temos[,] pouca ou moita |
Cando o Pico Sacro cobre o capelo, mociñas da Ulla[,] poñede o mantelo |
Cando o noroeste non recala ó Son, mañán hai vendaval anque me digas que non |
Cando o Nadal nada, sinal de boa anada |
Cando o moucho mouchea[,] nin chove nin xea |
Cando o grilo canta, tira ca manta |
Cando o gato se lava ou as galiñas se espolexan, vén o inverno |
Cando o gato quenta o traseiro, escusas regar o lameiro |
Cando o Farelo ten sombreiro, os labradores qu'anden con xeito |
Cando o Farelo pon o capelo, meniñas da Ulla, poñede o mantelo |
Cando o Farelo pon a monteira, chove anque o ceo non queira |
Cando o cuco marcha, colle a manta |
Cando o ceo está de panza de burro, chove duro |
Cando o ceo está color de lan, ou chove hoxe ou mañán |