Ano de vento, nove cereixas dun cento |
Ano de seca, ano de seda |
Ano de nevadas, ano de fornadas |
Ano de néboas, ano de medas |
Anduriña moi adiantada, primaveira ben temprada |
Andoriñas a rentes da auga, chuvia na praia |
Andoriña que voa a rentes da terra chuvia venta |
Andoriña que alta voa, non teme que chova |
Albas pardas, ventos ou augas |
Aire soán, malo no inverno e peor no verán |
Aire soán, frío no inverno e quente no verán |
Aire salau, aire na mau |
Aire de terra, bágoas a xerras |
Abril quente e mollado, carga o carro e engorda o gado |
Abril que non chove deixa o labrego pobre |
Abril mollado, malo na horta e bo no campo |
Abril frío, pan e viño |
Abril frío, moito pan e pouco viño |
Abril frío e mollado: [/] enche o celeiro e farta ó gando |
Abril chovedeiro enche o cabaceiro |