O cuquiño a cucar e a ruliña a rular, colle o fouciño e vai seiturar |
O cuco cantando, o vran acabando |
O circo do sol molla o pastor, o da lúa ou molla ou enxuga |
O circo da lúa o pastor enxuga / ós tres días non hai chuvia |
O circo da lúa nunca trae moita chuvia |
O circo da lúa a lameira enxuga |
O becerriño no agosto ten frío |
O ano que moito chove, o labrego traballa máis que come |
O ano malo en auga vén nadando |
Nunca o campo de auga se fartóu, hastra que o nordés a botóu |
Nubes na montaña, vellas á borralla; nubes na ribeira, vellas á raxeira |
Nube escarpetada, ós tres días auga |
Noroeste á noite, vento sur pola mañán |
Nordeste con gotas non dura o que dúas motas |
Nordés quente, brétema no abrente |
Nordés polo serán, vento sul pola mañán |
Non hai medo a frio nen a tronada, senón a chuvia porfiada |
Noite moura, vendaval seguro |
No tempo do cuco á mañá me mollo e á tarde me enxugo |
No tempo de marzo á mañá enxoito e á tarde mollado |