Marzo sacou a madre ó sol e matoa dun pedrazo |
Marzo pelarzo, á mañán cara de risa, ár [sic] doce cara de raíña e á noite corta coma unha fouciña |
Marzo marzoso: pola mañán cara de porco, polo serán cara de verán |
Marzo marzolo, chuvasco e raiolo |
Marzo marzola, trebón e raiola |
Marzo marzán |
Marzo marzán: [/] pola mañán, cara de can [/] a mediodía mellor o facía [/] e ó serán parece verán |
Marzo marzán, pola mañán cara de risa e pola tarde cara de can |
Marzo marzán, pola mañá cara de can, e á tarde un gran barrigán |
Marzo marzán, o día cara de rosa, a noite cara de can |
Marzo marzán, cara de can |
Marzo marzán, cara de can, farrapo de neve e espiga de pan |
Marzo marzán, á mañá cara de can, a mediodía ronca a vella i á noite morre a ovella |
Marzo marzán, á mañá cara de can, á mediodía cara de forno e á noite cara de lobo |
Marzo marzal, pola mañá cara de rosa e pola tarde de can |
Marzo marzal, pola mañá cara de rosa e pola noite de can |
Marzo marzal, pola mañá cara de can; ás doce millor o faría e pola tarde como si fora vrao |
Marzo marzal, a mañá cara de can, a mediodía enxamea a colmea i á noite morre a ovella |
Marzo marzagán, cara de can, que pola mañá morre a ovella i por la tarde enxama a abella |
Marzo marzadas, vento, frío, sol e saraibadas |