Vai a nebra para o Cebreiro, colle a capa e o sombreiro; van as nebras para o Carballal, colle o mallo e vai mallar |
Un sábado a chover é coma un borracho a beber |
Un día de abril e outro de maio, se son de tempo axeitado, valen os dous tanto coma os bois e o carro |
Tronos de soán, pouca auga e, se cadra, pouco pan |
Trebón de agosto mellora o mosto |
Treboada polo sureste, máis nordeste |
Treboada no Miño, haberá pan e viño |
Tras o vranciño de San Martiño, chega Nadal co seu inverniño |
Tras de noviembre vén jodiembre |
Todos Santos anuncia con verdá o que pode vir por Navidá |
Tira el nublau para Asturias, tempo de Xudas |
Tendo pan e leña pra abril e mayo, fago da miña capa un sayo |
Témporas de setembre molladas, ano de fame |
Tempo de neve, tempo alegre |
Tempo circado, nin bo nin malo |
Tanto val unha nevada como unha boa estercada |
Tanto dura a mala veciña coma a neve ferbeiriña |
Suestiño agudo, vendaval seguro |
Sol que regaña, chuvia que apaña |
Sol que pica, por auga repica |