Abril augas mil, peneiradas nun candil |
Abril augas mil, escoadas por un mandil |
Abril atoldado e pouco mollado |
Abriga a neve ó trigo como abriga unha nai ó seu fillo |
A vendima, enxoita e fría |
A moita seca trae ás veces a moita mollada |
A lúa si coma nace quinta, e como quinta octava, así acaba |
A inverno chuvioso, verán abondoso |
A día claro, escuro nubrado |
A chuvia no agosto, non trae bon mosto, nin bon magosto, nin bon entrecosto |
A chuvia na eira non fai malladoiro |
A chuvia mellor do ano vén o doce sin engano |
A chuvia de febreiro fai o palleiro |
A boa anada non a leva vento nin xeada |
A auga de maio non fai daño |
A auga de febreiro ten para os campos tempero e a auga de maio teno para todo o ano |
A auga de febreiro derrama o viño |
¿Nubes ao poniente...? colle os bois e vente |
¿Nubes ao levante...? dalle aos bois pra diante |
¿Nordés asoprando...? pra terra virando |