|
Dispóis da Conceución, que chuiva ou non |
|
Do trinta de xulio en diante, calor asfixiante |
|
Do un ó doce chuvia copiosa pra todos resulta peligrosa |
|
Domingo de Ramos[,] lava os teus panos[,] que na semán de Pasión, lavarás ou non |
|
Donde o sol non entra, o manciñeiro si entra |
|
Dúas augas de abril e unha de maio valen os bois e o carro |
|
É mellor que chova sete maios que un xunio |
|
En abril pon o capelo[,] ruín |
|
En agosto o orballo queima o rostro |
|
En febreiro, sete mantas e un sombreiro |
|
En lúa de xaneiro tardía ningún labrador confía |
|
En lugar ventoso, tempo sen repouso |
|
En maio, aínda bebe o boi no prado |
|
En marzo, cando medra a lúa, medra a chuvia |
|
En octubre Deus nos libre dunha mala nubre |
|
En octubre non molesta o lume |
|
En San Xoan, nin a mexeira dun can |
|
En San Xoán, o tempo aínda pon cara de can |
|
En tempo de vendima, auga do ceo mala, pero da fonte, boa |
|
En vela, chovendo, galerna segura, barco ó garete |