Cando trona, ou chove ou quere chover |
Cando tronou e trona, forza é que chova |
Cantas néboas en marzo, tantas xeadas en maio |
Cavamento e barbexar, antes que comence a xiar |
Cebada enriba de esterco, agárdaa certo; e, se o ano é mollado, perde coidado |
Ceo aguado, herba no prado |
Ceo encarnado, vendabal ao rabo |
Cerco na lúa, preto anda a chuiva |
Cerrazón ao este, ou norte ou nordeste |
Chuivas de mar e vento de ría, hai foliada pra todo o día |
Chuvia de abril, rocío de maio |
Chuvia de san Lourenzo compón o tempo |
Chuvia de san Lourenzo[,] algo lle di ó labrego |
Chuvia en xaneiro, nin boa meda nin bon palleiro |
Chuvia na semana da Ascensión, cria nos trigos mourón |
Chuvia na semana da Ascensión, nin boa faba nin bon melón |
Chuvia no mar e vento na ría, chuvia para todo o día |
Chuvia outoneira, por san Mateu a primeira |
Chuvia por san Pedro, chove o mes enteiro |
Chuvia por santa Margarida, máis do que dá, tira |