Polos Santos, neve nos altos; por san Martiño, lobos no camiño; e por san Andrés neve ós pés |
Ponse ruibio hacia Chantada, colle os bois e vai á arada |
Por Nadal, chover ou nevar |
Por Navidá recoller leña e calenta-las canelas |
Por san Antón, xiada; por san Lourenzo, escaldada |
Por san Benito canta o cuquiño[,] e por san Pedro canta o cuquelo |
Por san Benito[,] cada cuquelo no seu penido |
Por san Lucas bota a parella, que estea a terra mollada, que estea seca |
Por San Martiño, neve ó pino; por San Andrés, neve ós pés |
Por san Simón morre a mosca e o moscón |
Por san Simón[,] camiñar, sí; navegar, non |
Por san Vicente andan as augas na súa corrente, quer xiada, quer quente |
Por san Xudas xa o outono fixo das súas. E, se non inda as fixera, a novembro non chega |
Por Santos neve nos altos |
Por Santos neve nos campos |
Por Santos, aínda hai campos verdes e xa hai montes brancos |
Por Santos, neve nos cantos |
Primeiro de agosto chuvioso, castaño vermoso |
Que a Candeloria chore, que deixe de chorar, metá do inverno está por pasar |
Ramos mollado, carro crebado; Ramos enxoito, nin moito nin pouco |