Vaite febreiro cos teus vinteoito, que se duras/tes máis catro non queda can nin ghato. Deixa que aí vén meu irmán marso, que che ha de faser andar co pelexo debaixo do braso |
Galician |
Si en marzo oíras tronar, garda a palla do teu pallar |
Galician |
Si marzo requicha o rabo, non queda ovella viva nin pastor azamarrado |
Galician |
Non hubera marzo malo se non fora o aire asturiano |
Galician |
Marzo sacou a madre ó sol e matoa dun pedrazo |
Galician |
Díxolle o pastor a marzo: «Marzo marcelo[,] ya non che teño medo». Díxolle marzo ó pastor: «Con dous días que me faltan i outros dous que me preste o meu hermano abril aún che hen facer cagar e xemir» |
Galician |
Marzo marzolo, chuvasco e raiolo |
Galician |
Marzo escarabanoso, abril chuviñoso |
Galician |
Marzo airoso, abril chuviñoso, san Juan claro, señal de bon ano |
Galician |
Entre marzo e abril, se non vén o cuco, ó fin vai vir |
Galician |
Marzal de nubes carregado, ano amolincrado |
Galician |
Día de marzo, entra rindo e sai chorando |
Galician |
Frebeiro greleiro, marzo airoso, abril chuviñoso, maio pardo e san Xoán claro son as chaves de todo o ano |
Galician |
En marso o sol queima a dama no palacio |
Galician |
Os aires de marzo queiman a dama no palacio |
Galician |
Febreiro queima as damas no terreiro, marzo queima as damas no palacio |
Galician |
Dura máis a mala veciña que a neve marcelina |
Galician |
Febreiro ferverexeiro, marzo airoso e abril chuviñoso, sacan a maio florido i hermoso |
Galician |
Entre marzo e abril sale o cuco do cubil e marcha polo Santiago |
Galician |
Cando na luna de marzo hai tronada, todo o ano quere campana |
Galician |