Cerrazón ao este, ou norte ou nordeste |
Cerco na lúa, preto anda a chuiva |
Ceo encarnado, vendabal ao rabo |
Ceo aguado, herba no prado |
Cebada enriba de esterco, agárdaa certo; e, se o ano é mollado, perde coidado |
Cavamento e barbexar, antes que comence a xiar |
Cantas néboas en marzo, tantas xeadas en maio |
Cando tronou e trona, forza é que chova |
Cando trona, ou chove ou quere chover |
Cando trona, logo abona |
Cando trona en marzo, aparella as cubas e o mazo |
Cando soa o vendabal, mal pola terra, mal polo mar |
Cando sal ó sol en marzo a culebra, en abril sarabea ou neva |
Cando oias a bubela, deixa os bois e colle a gavela |
Cando o vran é inverno e o inverno é vran, mal anda pra os probes o ano de pan |
Cando o primeiro trono que ven no mes de xaneiro ven polo mar, fartura no mar; cando ven pola terra, fartura na terra |
Cando non chove en febreiro, non hai bo prado nin bo lameiro |
Cando non chove en febreiro, non hai bo prado nin bo centeo |
Cando no inverno oíres tronar, vende os bois e bótao en pan |
Cando na beiramar neva ¡que fará na serra! |