Por san Lucas bois ó arado, que enxoitos que mollados |
Por San Andrés a pirmeira nevada ves |
Ponse o mar a arrelleirar, vento do sul vai entrar |
Polo san Xosé o cuco cedo déixase ver |
Polo san Martiño di o inverno: "¡Alá vou eu!" |
Polo san Bartolomeu troboada arreu |
Polo san Andrés, neve ó meu pé. Por santa Lucía, neve astra na cuciña |
Polo Nadal frío cordial |
Pola vintena do Advento, veñen a tempo chuvia, neve e vento |
Pola noite de San Xoán pon a roupa na túa solán |
Pola Candelaria, metade do inverno vai fóra; se chora ou venta, inda entra |
Poeira en abril, lama en agosto |
Poden deixar recordos espantosos outonos que comenzan tormentosos |
Pode xunio tormentoso ser a moitos desastroso |
Pedra no suco, néboa en todo o mundo |
Para o pan engraiar ha de o boi tremar / o boi ha tremar |
Outono quente trae o demo no ventre |
Outono enxoito, Nadal vento moito ou pouco |
Os rocíos de agosto son mel e mosto |
Os rocíos abundosos son augurios primorosos |