Dende o quince ao vintedous as neves boas son |
De ponente, nin aire nin xente |
De Nadal a Xullián, lar, viño e pan; de Xullián adiante, frío e fame |
Curuxa noiteira, malladores á eira |
Corrente ao Este, sinal de mal tempo |
Collerás viño mosto, si vendimas enxoito |
Colleita mollada é media anada |
Co aire do poñente solta os bois e vente |
Circo na lúa, auga segura |
Chuvia por santa Margarida, máis do que dá, tira |
Chuvia por san Pedro, chove o mes enteiro |
Chuvia outoneira, por san Mateu a primeira |
Chuvia no mar e vento na ría, chuvia para todo o día |
Chuvia na semana da Ascensión, nin boa faba nin bon melón |
Chuvia na semana da Ascensión, cria nos trigos mourón |
Chuvia en xaneiro, nin boa meda nin bon palleiro |
Chuvia de san Lourenzo[,] algo lle di ó labrego |
Chuvia de san Lourenzo compón o tempo |
Chuvia de abril, rocío de maio |
Chuivas de mar e vento de ría, hai foliada pra todo o día |